Quenes somos

O Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación de Pontevedra, creou a Agrupación de Aparelladores e Arquitectos Técnicos Peritos Xudiciais de Pontevedra, constituída por profesionais Aparelladores e Arquitectos Técnicos que ademais de acreditar o exercicio activo durante o últimos cinco anos, acreditaron o cumprimento de determinados requisitos como experiencia profesional, na elaboración de Informes, Ditames e Tasaciones, así como, en Dirección de Obra, Redacción de Proxectos e asistencia a cursos de posgrao e formación continuada, entre os que se inclúen cursos de formación específica para a actividade pericial, confeccionando listas de Agrupados elaboradas en función ás seguintes especialidades:

  • Seguridade e salude laboral
  • Construcción, edificación en xeral e patoloxías
  • Urbanismo no ámbito do planeamento, a edificación e a patrimonialización
  • Tasacións e valoracións de bens inmobles
  • Valoración de obras e análisis de medicións e presupostos de edificación
  • Instalacións na edificación
  • Cuestións relativas a: servidumes, usufructos, divisións de herdanzas, deslindes, divisións horizontais, propiedade e todas aquelas reguladas no dereito civil

Dita Agrupación, ten ámbito provincial e está constituída por profesionais Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación que ademais de acreditar o exercicio activo durante o últimos cinco anos, tiveron que acreditar, en virtude dos Estatutos da Agrupación, o cumprimento de determinados requisitos como experiencia p rofesional, non só na elaboración de Informes, Ditames e Tasaciones, senón tamén en Dirección de Obra, Redacción de Proxectos e asistencia a cursos de posgrao e formación continuada, entre os que se inclúen un curso de formación específica para a actividade pericial.

Con iso, a Agrupación reúne a unha serie de profesionais Aparelladores e Arquitectos Técnicos, non só dispostos a actuar como Peritos Xudiciais, senón tamén provistos de formación e experiencia profesional acreditada que os capacita para iso.

FUNCIÓNS DA AGRUPACIÓN

A Xunta de Xestión é o órgano de goberno da Agrupación. As súas funcións son as seguintes:

  • Cumprir e facer cumprir os acordos das Xuntas Xerais
  • Propor á Xunta Xeral os acordos que sexa preciso someter a ela
  • Resolver a tramitación de solicitudes de inscrición e as baixas dos membros xa incorporados
  • Atender os temas relacionados coa actividade pericial que lle encomende a Xunta de Goberno do Coaatie de Pontevedra
  • Propor as medidas necesarias para o cobro de honorarios dos agrupados
  • Promover a formación permanente e continuada dos membros
  • Propor a Memoria de actuación e o Orzamento Anual da Agrupación, para a súa aprobación pola Xunta de Goberno do Coaatie de Pontevedra
  • Realizar labores de promoción da Agrupación no ámbito das funcións establecidas nos presentes estatutos
  • Resolver os expedientes informativos dos seus membros no ámbito destes estatutos

Contacto:

Praza de Portugal 2 Baixo, Vigo
986 434 066
Enfesta de San Telmo 23, Pontevedra
986 851 370
Luns-Venres: 9:00 - 13:30
Xoves: 16:45 - 19:00
Síguenos en youtube Síguenos en facebook Síguenos en twitter Síguenos en linkedin
Visitantes