Organización

Os Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos son as institucións responsables de representar a profesión e proporcionar as mellores condicións para o exercicio profesional. A súa misión é a de ordenar e velar polo exercicio da profesión e que este contribúa ao progreso da sociedade.

A organización profesional está representada por tres organismos que operan a tres niveles territoriais distintos e con funcións diferenciadas:

InstituciÓns representativas da profesión

Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España Coordina e representa á profesión a nivel nacional e internacional.
Participa en institucións de normalización, de acreditación, de calidade e nos seus comités técnicos. Participa en institucións internacionais relacionadas co sector da construción e coa profesión.
 
Consellos Autonómicos Coordinan a actividade dos Colexios que os integran e represéntanos no ámbito da súa Comunidade Autónoma
 
Colexios Ordenan e controlan o exercicio e a deontología profesional.
Visan os encargos profesionais Xestionan o cobro de honorarios Asesoran aos colexiados Prestan servizos de apoio técnico aos colexiados e á sociedade Realizan actividades de promoción e difusión da cultura Promoven actividades de formación permanente

Contacto:

Praza de Portugal 2 Baixo, Vigo
986 434 066
Enfesta de San Telmo 23, Pontevedra
986 851 370
Luns-Venres: 9:00 - 13:30
Xoves: 16:45 - 19:00
Síguenos en youtube Síguenos en facebook Síguenos en twitter Síguenos en linkedin
Visitantes