INICIO ACTIVIDADE

Exercicio Libre Exercicio Asalariado Exercicio Mixto (Liberal e Asalariado)
  • Alta IAE
  • Alta RETA ó PREMAAT alternativo a RETA
  • Seguro de Responsabilidade Civil
  • Réxime Xeral Seguridade Social
  • Alta IAE
  • Alta RETA ó PREMAAT alternativo a RETA
  • Seguro de Responsabilidade Civil
  • Réxime Xeral Seguridade Social

 

TRABALLOS PROFESIONAIS

Calquera traballo profesional en relación coas nosas atribucións profesionais, poderán presentarse presencialmente en calquera das delegacións colexiais ó a través de visado dixital.

Rexistro e/ou Visado Intervencións Profesionais
O Colexio como Corporación de Dereito Público dá fe das documentacións rexistradas ou visadas expedindo Certificacións ou Testemuños das mesmas, deixando constancia da súa data e contidos, asegurando o arquivo e custodia dos documentos presentados e que se integran no expediente do historial profesional do colexiado, fornecendo efectos, entre outros ámbitos, no xudicial (certificacións, documentación), no académico (acceso a titulacións de grao master ou doutoramento), oposicións, concursos e contratacións das Administracións Públicas.

 

Rexistro Intervencións Profesionais Visado Intervencións Profesionais

É necesario o rexistro documental de todas as actuacións profesionais (REDAP), o cal, non comporta o control polo Colexio do contido do traballo profesional obxecto do encargo de todas as materias (proxectos, dirección de obra e dirección de execución da obra, coordinacións de seguridade e saúde laboral en fase de proxecto e de execución, xestión de residuos, certificacións, informes, valoracións, ites, etc.)

Co rexistro dunha Intervención Profesional, pode solicitarse custodia da documentación correspondente ao expediente rexistrado e non visados.

Cando un traballo profesional estea sometido a visado obrigatorio, este deberá obterse antes de presentalo, no seu caso, ante a Administración Pública competente. En ningún caso será posible o visado posterior a esa presentación, aínda cando fose rexistrado.

Os labores e funcións propios das intervencións profesionais en todas as materias (proxectos, dirección de obra e dirección de execución da obra, coordinacións de seguridade e saúde laboral en fase de proxecto e de execución, xestión de residuos, certificacións de eficiencia enerxética e estadas, decoracións, etc.), son as mesmas no Rexistro que no Visado, así como, as obrigacións documentais asociadas ás devanditas intervencións profesionais.

O visado é un acto colexial que ten por obxecto:
  1. Comprobar a identidade do profesional, a súa titulación, a colegiación como ejerciente ou a súa situación como acreditado.
  2. Esixir ao profesional que non estea inhabilitado nin afectado por ningunha incompatibilidade legal ou ningunha causa de prohibición para exercer e controlar que ten atribucións para o traballo de que se trate.
  3. Verificar a suficiencia e integridade formal da documentación correspondente ao traballo profesional.
  4. Outras constatacións establecidas legalmente ou colegialmente.

     

Obrigatorio Voluntario

É obrigatorio obter o visado colexial dos seguintes traballos profesionais:

  • Proxectos de execución de obras do Grupo C do art. 2.1 de LÓEA.
  • Certificado de final de obras do art. 2.1. LOE.
  • Proxectos de legalización de edificios e os seus CFO.
  • Proxectos de demolicións, que non utilicen explosivos.

Con carácter voluntario e a petición informada do cliente, poden visarse todas as intervencións profesionais, calquera que sexa o seu contido ou natureza, e que se relacións no apartado 2.1.

DOCUMENTACIÓN, TRAMITACIÓN e GASTOS TRABALLOS PROFESIONAIS

A través da páxina web colexial poderás obter información, sobre a documentación a presentar para o visado dos traballos profesionais e o contido documental dos mesmos, así como, o Catalogo de tarifas de Dereitos de Xestión Colexial de cada intervención profesional. No apartado Impresos, figuran os documentos para o rexistro e/ou visado dos traballos profesionais, así como, outros documentos derivados da actuación profesional até a finalización dos mesmos.

ASEGURAMENTO ACTIVIDADE PROFESIONAL

PREMAAT MUSAAT
Aseguramiento da Previsión Social como alternativa ao RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social), causando alta no Grupo PREMAAT Profesional. Ademais existen outros grupos, como complemento, tanto de Xubilación, Vida ó Accidente. Dita xestión realízase a través da Sociedade DAAC, S.L.U. Aseguramiento da actividade profesional a través da declaración de todos e cada un dos traballos profesionais a través de DAAC, S.L.U. Pódense contratar outros produtos, como son: Seguro Decenal de Danos, Todo Risco da Construción, Responsabilidade Civil, Accidentes, Multirriesgo Fogar, Multirriesgo comercios e oficinas, Automóbiles.

 

SERVIZOS ADMINISTRATIVOS

A través dos servizos administrativos, poderás obter información relativa á túa actividade profesional, consultas de visado, mutuas de seguros, cursos, charlas, informes, certificados, copias compulsadas, etc.

Contacto:

Praza de Portugal 2 Baixo, Vigo
986 434 066
Enfesta de San Telmo 23, Pontevedra
986 851 370
Luns-Venres: 9:00 - 13:30
Xoves: 16:45 - 19:00
Síguenos en youtube Síguenos en facebook Síguenos en twitter Síguenos en linkedin
Visitantes