Historia do Colexio

191928 de marzo: Real Decreto no que se regulan as funcións dos Aparelladores, destacándose o artigo 4, no que se indica a posibilidade de "proxectar e dirixir toda clase de obras cuxo orzo non exceda de 10.000 pesetas"
19304 de decembro: Constitúese a Asociación Pericial de Aparelladores Titulares de Obras da Coruña
19349 de maio: Decreto no que se regulan novas funcións dos Aparelladores destacándose no seu artigo 1 "o aparellador é o perito de materiais e de construción, ou sexa, o técnico construtor de obras" 26 de xullo: Decreto que anula o anterior
193531 de maio: Decreto polo que se regulan novas funcións dos Aparelladores destacándose no seu artigo 1 "os Aparelladores son os únicos que, baixo a dirección dos Arquitectos, exercerán a función de construtor de obras" 16 de xullo: Decreto polo que se regula a profesión, derrogando o anterior, e no que se establece no seu artigo 1 "Os Aparelladores, pola súa calidade de peritos de materiais e de construción", "A intervención obrigada do Aparellador" e no seu artigo 2 " A misión do Aparellador consiste en inspeccionar coa debida asiduidade os materiais, proporcións e mesturas, e ordenar a execución material da obra"
194028 de decembro: Como consecuencia da Orde do 9 de maio, constitúese o Colexio Oficial de Aparelladores de Galicia, con sede na Coruña, sendo o seu superior xerárquico a Federación Nacional de Aparelladores. O seu primeiro presidente foi D. Diego Álvarez Melero
1942D. Primitivo Coca Arousa é elixido este ano Presidente da Delegación do Colexio de Aparelladores de Galicia en Vigo, cargo que ocupará até o ano 1949
19443 de setembro: celébrase en Vigo a Primeira Asemblea Rexional do Colexio de Aparelladores de Galicia
194528 de xuño: Apróbase o Regulamento da Federación e Colexios de Aparelladores, recoñecendo a todos eles o seu carácter oficial e con personalidade xurídica propia, dependendo de igual forma da Dirección Xeral de Arquitectura
1950Prodúcese unha reestruturación dos colexios por iniciativa da propia Federación, deixando configurado o Colexio de Galicia en dúas zonas: Norte (con cabeceira na Coruña e delegacións en Ferrol e Lugo) e Sur (con cabeceira en Vigo e delegacións en Ourense e Pontevedra)
19514 de marzo: Na Delegación do Colexio Oficial de Galicia en Vigo vótase a constitución do Colexio oficial de Aparelladores da provincia de Pontevedra
1952O 4 de marzo fíxase en Vigo a capitalidade do Colexio Oficial de Aparelladores de Galicia Zona Sur
1957O Plan do 57 fixa, ademais dos requisitos de formación para o ingreso na Escola, a necesidade de superar un curso selectivo de iniciación, cuxa aprobación habilita para estudar o tres cursos da carreira de Aparelladores
1959D. Francisco Saco Pato substitúe a D. Primitivo Coca Arousa na presidencia. Desempeñará este cargo até 1968
1964Créase o título de Arquitecto Técnico, que substitúe a denominación de Aparellador
1968D. José Varela Grassi ocupará o cargo de Presidente até 1976. Baixo o seu mandato instálase a sede do Colexio no local da Praza de Portugal
1969Tras varias localizacións, apróbase o traslado da sede colexial aos baixos dun edificio da Praza de Portugal o 14 de marzo deste ano
1971O 13 de setembro cómprase o local da Delegación do Colexio en Pontevedra, situado na entreplanta do número 18 da Rúa Riestra, sendo Delegado de Pontevedra D. Agustín Portela Paz
1976Desde este ano, e até 1979, o Presidente é D. Carlos García Castro
19778 de xuño: Créase o Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos da provincia de Pontevedra que chega até hoxe en día
1979Desde este ano, e até 2013, D. Antonio Álvarez-Ossorio e Costa é Presidente do Colexio
1981Cómprase a práctica totalidade da planta baixa do edificio da Praza de Portugal na que está a sede do Colexio
1983En abril ten lugar, na Toxa, o primeiro Congreso Galego dos Aparelladores e Arquitectos Técnicos
1989Adquírense o resto da planta baixa e a planta primeira con fronte á Praza de Portugal e que fai esquina coa rúa Churruca, co que o local pasa a ter unha superficie total de 789 metros cadrados
199031 de xaneiro: Complétase a ampliación da sede colexial en Vigo coa compra do local da Praza de Portugal que fai esquina coa Rúa Churruca
199729 de decembro: Constitúese o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitéctos Técnicos de Galicia
200127 de febreiro de 2001, apróbase a compra do local destinado á xestión de documentación colexial, situado no edificio nº46 da c/ Torrecedeira de Vigo, e con fronte á c/ Marqués de Valterra, nº31 dunha superficie de 220 m/2.
200221 de xaneiro de 2002, apróbase iniciar as xestións para a compra dun edificio para a Sede en Pontevedra, sitio na c/ Enfesta de San Telmo, 23 e Praza do Peirao en Pontevedra.
20041 de setembro de 2004, iníciase a actividade económica da Sociedade Desenvolvo Actividades Arquitectura e Construción (DAAC)
200526 de maio de 2005, inaugúrase o edificio para a Sede en Pontevedra, sitio na c/ Enfesta de San Telmo, 23, modificándose en Xunta Xeral de 28 de abril do citado ano, o domicilio social do Coaat
200918 de decembro de 2009, publícase no Diario Oficial de Galicia o ?Decreto 436/2009, de 26 de novembro, polo que se aproba o cambio de denominación do Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Pontevedra, pasando a denominarse Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de edificación de Pontevedra Se colegia a primeira promoción co Título de Grao en Enxeñaría de Edificación
201325 de abril de 2013, apróbanse en Xunta Xeral Ordinaria os Estatutos da Agrupación de Aparelladores e Arquitectos Técnicos Peritos Xudiciais de Pontevedra. Don Pelayo C. Eyo Valladares, é elixido presidente do Colexio.

Contacto:

Praza de Portugal 2 Baixo, Vigo
986 434 066
Enfesta de San Telmo 23, Pontevedra
986 851 370
Luns-Venres: 9:00 - 13:30
Xoves: 16:45 - 19:00
Síguenos en youtube Síguenos en facebook Síguenos en twitter Síguenos en linkedin
Visitantes