ALUGUER ESPAZOS AULAS

O Colexio dispón de Aulas de distintas características e superficies, a fin de que calquera Casa comercial poida solicitar a realización de XORNADAS TÉCNICAS e/ou EXPOSICIÓN DE PRODUTOS para colexiados, debendo presentar o Formulario de solicitude, conforme ás normas establecidas.

archivo pdf Reglamento e normativa de uso das instalacións

AULAS DISPOñIBLES

Sede Delegación Pontevedra

Sala cunha superficie de 43,65 m/2 especialmente equipada para a realización de Xornadas Técnicas e Cursos, con capacidade para 30 persoas.

Dispón de cadeiras con pa de escritura, equipo de proxección e altofalantes.

Sede Delegación Pontevedra

Sala cunha superficie de 32,93 m/2 especialmente equipada para a realización de Xornadas Técnicas e Cursos, con capacidade para 15 persoas.

Dispón de mesas tipo escola, equipo de proxección e altofalantes, conexión wiffi, videoconferencia, etc.

Sede Delegación Vigo:

Sala cunha superficie de 49,38 m/2 especialmente equipada para a realización de Xornadas Técnicas e Cursos, con capacidade para 50 persoas.

Dispón de cadeiras con pa de escritura, equipo de proxección e altofalantes.

Sede Delegación Vigo:

Sala cunha superficie de 34,88 m/2 especialmente equipada para a realización de Xornadas Técnicas e Cursos, con capacidade para 16 persoas.

Dispón de mesas tipo escola, equipo de proxección e altofalantes, conexión wiffi, videoconferencia, etc.

 

Cando se solicite a realización de XORNADAS TÉCNICAS e/ou EXPOSICIÓN DE PRODUTOS para colexiados, deberán de presentar o formulario de solicitude conforme ás seguintes normas:

 archivo pdf  Formulario solicitude

 

ESPACIO EXPOSICIÓN DE PRODUCTOS

Sede Delegación Pontevedra:

Espazo cunha superficie de 37,33 m/2.

Sede Delegación Vigo: 

Espazo cunha superficie de de 38,18 m/2.

 

NORMAS DE UTILIZACIÓN INSTALACIÓNS COLEXIAIS

Utilización servizo: 

Nas aulas e/ou espazos de calquera das dúas delegacións do COAATIE.

Tempo de utilización:

Para as Xornadas Técnicas, en horario de tarde, entre as 16 e 20 horas, establecéndose en función das horas de exposición da xornada, abríndose só 10 minutos antes da hora reservada, debéndose desocupar o espazo á hora indicada na solicitude. 

No caso das exposicións de produtos, durante a xornada laboral 

Custo Aula:

O aluguer diario da aula, será de 50 € + IVE, pola primeira hora, e 10 € + IVE, cada hora sucesiva.

Dispoñibilidade de persoal: 

Se o persoal administrativo do Coaatie, ha de estar a disposición dos relatores abonarán 13 € por hora de dispoñibilidade do mesmo, no caso de apertura e peche das instalacións non haberá custo de persoal.

Exposición produtos:

Se algunha empresa desexa expor os seus produtos nas instalacións do Colexio, a cota establécese en función de:

EMPRESAS CON CELEBRACIÓN XORNADA: Ademais do custo da aula para a celebración da xornada, abonará unha cota de 5,00 € diarios, facturándose un mínimo de 25,00 €, que corresponde a 5 días, e o máximo de días en que os produtos poden permanecer no Coaatie, é de 15.

EMPRESAS SÓ EXPOSICIÓN PRODUTOS: A cota é de 25,00 € diarios, facturándose un mínimo de 125,00 €, que corresponde a 5 días, e o máximo de días en que os produtos poden permanecer no Coaatie, é de 15. 

Solicitudes: 

Para o uso de calquera dos espazos colexiais, deberá de dirixirse escrito á Xunta de Goberno do Colexio cunha antelación de 20 días, indicando, datas, horarios e motivo do uso das instalacións, dándose resposta ás solicitudes nun máximo de 3 días hábiles.

A solicitude realizarase a través do formulario de solicitude ou escrito podendo remitirse por fax ó por e-mail. Deberá facerse efectivo o uso das instalacións colexiais, con 48 horas antes da celebración da xornada.

A forma de pago realízase mediante transferencia na conta corrente que o Colexio ten no Banco de Santander Central Hispano nº É12 0049 6755 6124 1614 4957. 

Datos Facturación:

Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación de Pontevedra Praza de Portugal, 2 baixo 36201 VIGO CIF: Q3675003B 

Póliza Seguro: 

Será por conta da empresa expositora de produtos a realización dunha póliza, que cubra os danos que poidan sufrir os mesmos.

Datos da solicitude:

Empresa que realiza a solicitude, cos seguintes datos:

. Descrición da xornada

. Espazo solicitado

. Data e hora da xornada

. Requirimentos técnicos

. Persoa de contacto, número de teléfono e correo electrónico. 

Funcións do Colexio:

Comunicación ao colexiado da Xornada Técnica, realización listado interesados na asistencia, apertura aula, coñecemento para posta en marcha medios audiovisuais, rexistro de asistentes, entrega de material.

Contacto:

Praza de Portugal 2 Baixo, Vigo
986 434 066
Enfesta de San Telmo 23, Pontevedra
986 851 370
Luns-Venres: 9:00 - 13:30
Xoves: 16:45 - 19:00
Síguenos en youtube Síguenos en facebook Síguenos en twitter Síguenos en linkedin
Visitantes